Archive for Decembro, 2008

MOS, SITIO DISTINTO

Posted in Autonómica on Decembro 29, 2008 by barrildonaufrago

alberto_nunez_feijoo_rafael_louzan4

Magnífico artigo o de hoxe do diario El País que trata de ensinarnos cales son os xeitos do Partido Popular galego na toma de decisións políticas.

A moción de censura do concello de Mos de por sí xa é un claro exemplo do que representa a forma de intrepretala política por parte do Partido Popular. É a política do: “todo vale” na que se considera que un tránsfuga é unha ferramenta lexítima para acadar o que os votos lle negaron. Certo é que por moi poucos votos pero as regras de xogo son as regras de xogo.

Podíase ler no ABC non fai moito en verbas do Sr. Núñez Feijóo: «la dirección regional no valida la decisión de Mos, esa moción no se hace en nombre del PPdeG, ni fue ni será autorizada». Para quen non o coñeza, o Sr. Núñez Feijóo é o Presidente do PP galego ademáis de candidato a presidir a Xunta de Galicia o vindeiro 1 de Marzo. Pois polo que se pode ler no artigo parece que, cando menos, o candidato Feijóo queda desautorizado por un cargo de menor rango (Louzán) quedando o Sr. Feijóo sen verbas, fuxido!

Novos tempos, novas regras de xogo e é que: “Tú sabes que mi coche está viejo”