
Non son tempos para afondar no pesimismo e botar sal a ferida do pago da hipoteca, dos plazos do coche, a factura da luz e o gasoil, do móvil e a cesta da compra, pero o sector do comercio e a hostelería en Baiona están a pasa-las canutas.
Para ser exactos habería que decir que a crise de estos sectores é bastante anterior ao estoupido da burbuxa inmobiliaria. Trátase dun problema que levamos algúns anos arrastrando. Paseniñamente pero dun xeito teimudo, os alugueres dos locais e os custos salariais foron acadando novas alturas sin que a facturación, e lóxicamente os teóricos beneficios, medraran na mesma proporción.
Dende fai anos sinálase a excesiva estacionalidade do turismo en Baiona coma un dos grandes atrancos para garantir a actividade e os postos de traballo. Outros serían a disminución do gasto medio do visitante e a competencia crecente de outros destinos turísticos, non soio en Galicia senon en outras comunidades que preservan de mellor xeito a súa paisaxe, gastronomía e teñen menor masificación.
Para combatir a estacionalidade tamén se ven reclamando dende distintos sectores un cambio de actitudes por parte dos responsables políticos municipais e da propia organización empresarial.
Tímidamente, o goberno en colaboración con ACEBA puxeron en marcha ao longo do 2008, algunhas iniciativas –Feria de Abril, Festa da Lura- que foron ben recibidas, pero que a todas luces son insuficientes.
Agora, mergullados na crise xeral, é momento de pisa-lo acelerador de ideas, proxectos e iniciativas que redefinan a oferta de ocio en Baiona ao longo de todo o ano. O goberno municipal, con toda a súa densidade de alcalde, concelleiros e asesores varios con adicacións laborais e ACEBA, nomeadamente co seu todopoderoso presidente á cabeza, deben mudar esas facianas que parecen preguntarse “Crisis, what crisis?”, e poñerse a traballar de firme para axudar a saír de esta preocupante situación.