Archive for Febreiro, 2009

XORNADA DE REFLEXION

Posted in Autonómica on Febreiro 28, 2009 by barrildonaufrago

reflexion

Os analistas e observadores certificaron o xiro na estratexia de campaña socialista. O perfil numismático do presidente Touriño revelábase como percha insuficiente para os galegos e galegas atarefados en outras cuestións máis cotiáns e urxentes. Mesmo o lema de “un presidente con todos e contra ninguén” semellaba un erro de satisfeitos estrategas pechados catro anos nunha habitación sen fiestras.

En esta campaña sí houbo unha ovella negra: foi o BNG e o seu líder Anxo Quintana, o improbable Espartaco ou Astérix dunha aldea que é moito, moitísimo máis, que a reducida Galiza e autoapropiada Galicia do BNG. A inmensa maioría dos cidadáns non compartiron que Touriño gobernara aos conselleiros socialistas e Quintana aos seus. Si difícil é avaliar un goberno que sumados os seus escanos supera tan só en un ao partido na oposición, moito máis indixesto resulta un goberno con dous corazóns e dúas cabezas. O recoñecemento tardío polo presidente de esta realidade, ben diagnosticada polos galegos perante catro anos, fai medrar as dúbidas sobre a perspicacia e senso da realidade na que viviu Touriño neste tempo.

Máis alá de esta inflación nacionalista no goberno, a parte socialista pecou de neófita á hora de xestionar con senso político as súas competencias. Decir que “xestionamos moito pero non o supimos vender” non chega para tapar as enormes carencias de peso político na maioría da parte socialista da Xunta. Podíase sospeitar que o PSdeG-PSOE non era moito máis que unha franquicia con solvencia e crédito entre as masas populares, pero carente de solucións concretas e planificadas para o país; de redes de relación co país real; de cadros políticos na estructura orgánica e no territorio, en definitiva, con moito traballo aínda por diante para ser unha ferramenta efectiva e útil para a transformación do país. Neste senso a presenza constante de Pepe Blanco fíxose imprescindible para reconducir unha campaña que levábanos ao precipicio, non tanto pola calidade dos adversarios como pola suma de erros propios. Mañán certificaremos si o golpe de timón de Ferraz foi suficiente.

Porque o PP fixo de PP, coma sempre. Descalificacións, mentiras, facer presa na palla en ollo alleo esquecendo a viga no propio e polarizar á sociedade sin permitir as “zoas desmilitarizadas”. Para eles o PSOE é desemprego e despilfarro; o BNG clientelismo e imposición e eles, o PP, futuro e liberdade. Os 16 anos de Fraga na Xunta, as actitudes de Baltar ou Louzán, o partidismo e favoritismos dos seus alcaldes, a cadea de corrupción descoberta en Madrid e Valencia, a imperdoable ignorancia sobre Luis Carrera ou o frívolo Pedro Arias; o conservadurismo plagado de sotanas e doble moral, o aínda recente disparate de Irak e a alianza con Bush, son todos eles rasgos que dibuxan unha dereita caótica, en desguace ou permanente convulsión. En última instancia, Galicia é para o PP a última batalla que deu Rajoy antes de enfrentar a súa decapitación en Madrid.

Para o Barril do Náufrago non hai dúbidas da necesidade de votar socialista mañán domingo, porque creemos que o PSOE ten o talante e as mellores potencialidades para integrar a tódo-los galegos e galegas e para afrontar con maiores garantías as dificultades de este momento. Pero tamén somos conscientes do moito que temos que mudar no noso compromiso cos cidadáns e no recoñecemento dos propios erros. Con ese espíritu, autocrítico mais tamén seguro de nós mesmos agardamos o 1-M, en todo caso unha data histórica para Galicia.

ELECCIÓNS. MÁIS PRETO DO 1 DE MARZO

Posted in Local on Febreiro 26, 2009 by barrildonaufrago

relojarenavillafrechosg
Menos de 36 horas para o remate da campaña é semella que “o peixe xa está vendido”. Que se coñeza, en Baiona, tan soio quedan actos do PP pendentes, como son: concerto Novas Xeracións e cea de ACEBA na xornada de reflexion.

Por outra banda, a campaña “rosa” do PP galego tende a facerse cada día máis insistente, cuns medios de comunicación totalmente entregados a causa e isto pode facer que moitos cidadáns fiquen na seu fogar o domingo. Polo tanto, é preciso facer un chamamento a participación pois éstas son unhas eleccións importantes para Galicia e Baiona, como xa se ten dito, nas que o PSdeG-PSOE de Galicia debe seguir o fronte da Xunta de Galicia. E é que as eleccións están moi axustadas e tódolos votos fan falla.

“EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON” DE DAVID FINCHER

Posted in Recomendacións on Febreiro 23, 2009 by barrildonaufrago

el_curioso_caso_de_benjamin_button-cartel 

Una de las grandes perdedoras de la noche de los Óscar ’09 pero no por ello deja de ser una de las mejores películas de los últimos tiempos.

“El curioso caso de Benjamin Button”
es una adaptación de la obra de F.S.Fitzgerald en la que David Fincher presenta una película muy diferente con relación a su trabajo previo, véase, “Seven” o “El club de la lucha”. Pudiéndose decir que el único nexo de unión es Brad Pitt.

El argumento de la película es ya conocido por todo el mundo y se centra en la historia de Benjamin Button que es una persona que nace siendo viejo y rejuvenece con el paso del tiempo.

« Nací en extrañas circunstancias »

La película, de duración considerable (casi 3 horas), no decae en ningún momento y mantiene el interés en todo momento siendo una profunda reflexión acerca de la vida y la muerte.

Formidable interpretación por parte de Brad Pitt y Cate Blanchet. También, muy destacable el aspecto visual de la película, así como la recreación histórica de comienzos del siglo XX. Asimismo, se pueden observar guiños al cine de Jean Pierre Jeunet (“Amelie” y “Largo domingo de noviazgo”) que sirven para quitar dramatismo a la película.

Nada más que decir, simplemente, disfrútenla!!

BOETHIUS

ELECCIÓNS. PRETO DO 1 DE MARZO

Posted in Local on Febreiro 20, 2009 by barrildonaufrago

1817273w

Prezados náufragos, pouco queda xa para o día 1 de Marzo e compre facer unha reflexión sobor do que nos estamos a xogar nestas eleccións. A verdade é que os comentarios dos nosos náufragos xa veñen incidindo no que imos a plantexar mais é preciso polo nunha anotación.

Un dos lemas da campaña do PSdeG-PSOE de Galicia é: “o Presidente de todos e contra ninguén”. Con toda seguridade Baiona é un dos pobos onde este slogan ten máis validez e é que o PSdeG-PSOE de Galicia demostrou que aquelo de que había que votar para a Xunta o mesmo que no pobo que nos dixeron os do PP a tódolos baioneses nos 20 anos pasados era MENTIRA! E é que o goberno da Xunta do PSdeG-PSOE traballou por Baiona sen ter en conta a cor política do concello.

Históricas. As inversións que ten feito a Xunta de Galicia no concello de Baiona foron históricas. Certamente, ata non resulta doado facer un relatorio do que se ven invirtindo no pobo dende a chegada do Presidente Touriño sen esquecerse de actuacións: pago das expropiacións dos terreos da autoestrada que non tivo a ben pagar o Sr. Fraga, estación depuradora, obras de acondicionamento do río Groba tralas ríadas, ampliación do encoro, gardería, centro de día, novos enlaces a autoestrada, ampliación do Porto,etc Tamén, é preciso destacar e agradecer o traballo da Agrupación Socialista de Baiona nestes anos como parte fundamental na consecución destes proxectos de inversión para Baiona.

Traballo. Máis todo isto non é dabondo para garantir que 1 de Marzo os baioneses lle den a confianza o PSdeG-PSOE para continuar co proxecto de modernización do país. Por elo é preciso o maior dos esforzos por parte dos socialistas. Temos que conquerir chegar a tódolos rincóns do pobo e defender o noso traballo destes 4 anos. Ninguén é prescindible neste obxetivo. Todo o contrario, tódolos socialistas somos imprescindibles nesta tarefa. Temos que facer un traballo intenso no que é preciso por a traballar os miolos e por a nosa disposición todas aquelas ferramentas coas que poidamos multiplicar o noso discurso. Os socialistas non temos nada que ocultar, máis ben todo o contrario, temos catro anos de boa xestión que recordar os nosos veciños indo polas portas dos veciños, organizando actos específicos para colectivos ou, porque non, facendo un mítin central como o que fai o PP en Baiona. Non podemos caer na conformidade e deixarnos levar. Somos parte importante do que aconteza o 1 de Marzo. Polo tanto, a traballar!!

A MOFA DO FEIJÓO

Posted in Autonómica on Febreiro 19, 2009 by barrildonaufrago

feijoo-efe12107108761929085854

En estos días o candidato Feijoo facía mofa das medidas impulsadas por Touriño para crear postos de traballo. Falaba con desprezo dos empregados en limpar cunetas ou dos cursos de formación no sector do automóvil. Parece como que Feijoo desexara que uns e outros ficaran nas colas do INEM e matando as horas na casa ou na taberna. É o ambiente que necesita o PP para poñer en cuestión as medidas paliativas contra o desemprego.

E pasa o tempo, e avanza a campaña electoral e a crise vai dando coletazos que fan tremer as cuadernas da nave do emprego e a tranquilidade social e económica, e o PP segue a calar, sin adiantar as que serían as súas solucions, malia o proclamado mantra do recorte de impostos e a liberalización do despido.

A posición de Feijoo fronte a crise semella a da ridícula escea da mangueiriña no verán do 2007. Os incendios estaban alí; as administracións públicas movilizadas, os alcaldes movilizados, os voluntarios movilizados e todo-los galegos angustiados entre a impotencia e o estupor ante a dimensión da desgracia. Feijoo, en troques, facía unha gracieta ante a prensa que o descalificaba como dirixente político. Co emprego e a crise está a xogar do mesmo xeito.

De tódo-los xeitos hai un terreo donde o PP podería amosar outra disposición con respecto á crise de emprego. Son as institucións por eles gobernadas. Nada menos que dúas Diputacións provinciais e os centos de concellos por toda Galicia. Aínda que en estos ámbitos tamén temos experiencias como a nula sensibilidade de por exemplo o concello de Baiona ou, no outro extremo, a contratación por Baltar de once porteiros para gardar as tres portas dun edificio da Diputación ourensá donde, por certo, xa traballaban sete porteiros máis.

PLENO: 19 DE FEBREIRO DO 2009

Posted in Local on Febreiro 18, 2009 by barrildonaufrago

2946677552_08fcc436811

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DE XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CON EXECUCIÓN DE OBRAS DE REFORMA E CONSERVACIÓN E POSTERIOR XESTIÓN DO APARCADOIRO SOTERRADO DA PALMA.

2. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA APROBACIÓN DO PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN, REPOSICIÓN E SUPRESIÓN DE BARRERAS ARQUITECTÓNICAS NA RÚA ELDUAYEN FINANCIADOS CON CARGO Ó FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL

FEIJÓO, O LICENCIADO

Posted in Autonómica on Febreiro 16, 2009 by barrildonaufrago

nunezfeijoo

Pódese ler no xornal El País a crónica da euforia popular. Dende logo pódense facer moitas interpretacións do dito polo Licenciado Feijóo máis segundo o que se pode ler no artigo a conclusión e que non hai ningunha proposta. ¿Cómo se pode pretender ser alternativa sen ter discurso ou propostas alternativas o que se ven feito dende a Xunta?

Nembargantes, o máis interesante do artigo é: “Vengo a decirle a mi partido que hablo sin siglas, ni el PSOE, ni el Bloque, ni el PP, mis únicas siglas son Galicia, Galicia y Galicia”. Supónse que estas declaracións non sentarán moi ben nas súas bases. E é que semella que Feijóo quérese desmarcar daquel discurso de Aznar de “sin complejos” máis prezados lectores o Licenciado Feijóo preséntase polo PP aínda que lle pese. E preséntase coa ideoloxía do PP aínda que lle pese. Esa ideoloxía que ten o seu epicentro nas Illas Caimán e que tan bos resultados semella darlle a algúns.

COMEZAMOS

Posted in Autonómica on Febreiro 13, 2009 by barrildonaufrago

3274693499_9a6ffdd869tou

AS CONTAS CLARAS

Posted in Local on Febreiro 11, 2009 by barrildonaufrago

cuadro_comparativa_presupuestos12

O pasado martes, día 10, a Voz de Galicia dáballe pulo a Almuíña e Manolo Vilar a conta dunha suposta rebaixa das transferencias do Estado ao concello de Baiona. Máis de un pensaría que Baiona era unha vez máis perseguida polos taimados socialistas para dificultar a brillantez e ambición dos plans de xestión do noso goberno conservador. Por suposto nada máis lonxe da realidade. Vaiamos por partes.

Do que estamos a falar e da participación dos concellos nos ingresos do Estado, o PIE. Este reparto calcúlase en función de varias variables como son o número de habitantes, no noso caso nas cidades de menos de 50.000 habitantes; outros criterios serían o esforzo fiscal realizado por cada concello e o inverso da capacidade tributaria, é decir a menor capacidade maior apoio. Estos criterios por certo, foron acordados a proposta do goberno de José María Aznar e sendo presidenta da FEMP a actual alcaldesa de Valencia, tamén do PP. Os outros partidos do arco parlamentario, hai que decilo, apoiaron esta proposta.

No tempo que o modelo ven funcionando se detectaron algunhas insuficencias que se poderían concretar en que as cidades con máis poboación levan máis ingresos por habitante ou que non se están a ter en conta variables que, como no caso de Galicia con mayor dispersión territorial, superficie e envellecemento, teñen maior coste para as arcas municipais.

Todo esto obriga a replantexarse as bases para o cálculo de participación de cada concello nos ingresos do Estado e con tal motivo tanto na Federación de Municipios de Galicia como na estatal Fegamp, existe un consenso que se está a plantexar ao goberno central dentro da negociación do novo modelo de Financiación Local. A proposta galega conta co apoio dos tres partidos.

En concreto do que falaba a nota da Voz é da disminución das entregas a conta que o Estado vai facer aos concellos neste ano 2009, tendo en conta a prevista disminución dos ingresos do Estado en IRPF, IVA e impostos indirectos (tabaco, alcohol e carburantes). Como amosa o cadro que encabeza o comentario, ese descenso das entregas previstas cífrase no -1,6% con respecto ó ano anterior; pero esa cantidade vése sobradamente compensada pola liquidación do ano 2007 que se fai neste ejercicio e que sube nada menos que o 101,7%. O resultado global de este ano respecto do anterior mostra un incremento do 6,3%.

Estas son as cifras que manexa o goberno do estado no orzamento aprobado no congreso. Sobre estas cifras é donde o goberno local ten que explicar si vai recibir menos ou en realidade máis, como a todas luces parece indiscutible.

Por outra banda, si o manexo partidista de estas cifras por parte da Almuíña e Vilar ben valeron unha rolda de prensa, qué festa non deberan haber organizado cando o concello recibiu os 2 (dous) millóns de euros do Plan de Emprego 2009, a promesa de mantelos para o vindeiro ano e o anuncio de Zapatero de onte de habilitar liquidez para que os concellos paguen a proveedores e se podan endebedar en maior medida. ¿Quén fixo máis polos concellos?.

“EL ÁRBOL DE LA CIENCIA” DE PÍO BAROJA

Posted in Recomendacións on Febreiro 11, 2009 by barrildonaufrago

arbolciencia

“El árbol de la ciencia” (1911) de Pío Baroja y Nessi (1972, San Sebastián – 1956, Madrid) es una nóvela de formación en la que se nos introduce en la vida de Andrés Hurtado desde sus inicios en la Facultad de Medicina a sus primeros años de profesión.

En la primera parte del libro, Baroja recorre el Madrid de finales del s.XIX, mientras Andrés Hurtado realiza su carrera, a través de sus profesores, amigos y una siempre presente familia. A destacar a Pedro Hurtado (su padre) como antagonista principal y a Luisito (hermano) gravemente enfermo desde pequeño.

A través del paso de las páginas, fácilmente, los lectores podrán sentirse identificados con Andrés Hurtado y su crecimiento personal durante sus estudios. Sobre todo la duda existencial y la necesidad de ampliar horizontes. Así, Andrés Hurtado encuentra en la filosofía, en particular, Schopenhauer y Kant, su piedra de salvación personal ante la frustación sentida en la Facultad.

“Yo busco una filosofía que sea primeramente una cosmogonía, una hipótesis racional de la formación del mundo, después una explicación biológica del origen de la vida y del hombre”

Y la filosofía es la principal protagonista del cuarto capítulo de la obra que consiste en un diálogo con su tío Iturrioz, con cierta similitud a los que años más tarde celebrarían Settembrini y Leo Naphta en “La montaña mágica” de Thomas Mann. Racionalismo, angustia vital, Kant, el árbol de la ciencia y el árbol de vida,…

“Uno tiene la angustia, la desesperación de no saber qué hacer con la vida, de no tener un plan, de encontrarse perdido, sin brújula, sin luz adonde dirigirse ¿qué se hace con la vida?”

En la última parte del “Árbol de la ciencia” , Baroja. nos lleva con Andrés Hurtado a recorrer el rural español y sus costumbres, en concreto a Alcolea que es el lugar donde desarrolla parte de su actividad profesional antes de regresar a Madrid…

Boethius