Archive for Marzo, 2009

PLENO: 26 DE MARZO DE 2009

Posted in Local on Marzo 31, 2009 by barrildonaufrago

2946677552_08fcc43681

ORDE DO DÍA:

1.APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.
2.DACIÓN DE CONTAS DAS RESOLUCCIONS DA ALCALDÍA.
3.DACIÓN DE CONTA DO ACORDO DE REVISIÓN DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTRO DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
4.DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DO ORGANISMO AUTÓNOMO DE TURISMO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
5.MODIFICACIÓN DE CREDITO 2/2009.
6.RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE FACTURAS 01-RE/09
7.MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE RELATIVA A CONMEMORACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS DE 1979
8.MOCIÓNS
9.ROGOS E PREGUNTAS

ASAMBLEA PSdeG-PSOE BAIONA

Posted in Local on Marzo 28, 2009 by barrildonaufrago

logotipo_psdeg_psoe

A asamblea do día de hoxe do PSdeG-PSOE de Baiona ven de elexir os seus delegados ó Congresos Extraordinario do PSdeG-PSOE de Galicia de entre as dúas listas que se presentaron: a oficial con Arturo Pereira e Isabel Dominguez e a lista alternativa composta por Concepción Vilar e Diego Carou. A lista gañadora foi a lista oficial cun 75% dos sufraxios. Polo que os representantes do PSdeG-PSOE de Baiona no Congreso Extraordinario serán: Arturo Pereira e Isabel Domínguez.

ELECCIÓNS EUROPEAS. COMEZAMOS

Posted in Europa on Marzo 26, 2009 by barrildonaufrago

untitledce

Cando aínda non rematou a resaca das Eleccións Autonómicas xa temos á vista as Eleccións Europeas do 9 de xuño de 2009. Despois dos resultados obtidos polo Partido Popular nos comicios galegos as Eleccións Europeas seguramente terán unha gran importancia na política do país xa que darán unha clara imaxe de se o ciclo Zapatero chega o seu fin ou non.

O principal problema o que nos sometemos cando afrontamos unhas Eleccións Europeas é a abstención. BDN considera que unha gran parte desa abstención xustifícase na desinformación dos cidadáns sobor dos temas europeos o cal leva a un sentimento de lonxanía cara Europa e os seus mecanismos de participación coma eleccións ou mesmo no referendum do 2004. E para correxir isto o Barril fará o canto poida.

O 7 de xuño competirán dúas formas ben distintas de facer política como anunciaba a Secretaria de Organización do PSOE. A de Mayor Oreja e a do PSOE. E o vindeiro sábado dará comezo a “campaña” socialista cun acto en Madrid no que participará Juan Fernando López Aguilar, nº1 do PSOE nas eleccións.

Tamén ven de confirmar Leire Pajín a aceptación por parte do PSOE dos debates electorais propostos polos canais: RTVE, Antena 3 e Telecinco.

Para rematar deixamos un par de enlaces nos que poderedes acadar algo máis de información sobor do que se move no partido no ámbito europeo:

Páxina web da Delegación Socialista Española en el Parlamento Europeo

PSOE Europa

“LA DERIVA DE ESPAÑA” DE ENRIC JULIANA

Posted in Recomendacións on Marzo 24, 2009 by barrildonaufrago

untitledp

El director adjunto y delegado en Madrid de La Vanguardia ha escrito un luminoso libro sobre la realidad española. Si conocida es la trayectoria del periódico de la familia Godó en cuanto a la defensa de los valores democráticos, el respeto por la verdad y el equilibrio de los juicios tanto en la línea editorial como en el elenco de colaboradores, todo ello barnizado por un cierto cosmopolitismo de raíz europeísta, Juliana viene destacando como un agudo observador de la vida política nacional.

El libro ahora publicado –RBA- y presentado la semana pasada en Madrid por el alcalde Gallardón y el de la ciudad condal, Hereu, ofrece un panorama en caliente de España: “geografía de un país vigoroso y desorientado” es el subtítulo. Y, en efecto, en el mismo se ofrece un recorrido geográfico por las distintas comunidades autónomas no sólo desde la vertiente política sino, en especial, desde los aspectos económicos y aún sociales.

La crisis económica, de la cual todos fuimos conscientes a partir del verano de 2008, ha obligado a pensar el devenir de España en los últimos años y plantear las líneas de fuerza que dibujan al país para el próximo futuro. La pujanza financiero-inmobiliaria de Madrid, la Cataluña que apuesta por la pequeña y mediana empresa; el auge de la Comunidad Valenciana basado en el ladrillo; el conservadurismo de la Andalucía que en el interior vota a Chaves y en el dinámico litoral al PP; el declive poblacional y económico del Noroeste (Galicia, Asturias, parte de Cantabria, León, Zamora y Salamanca) y, en definitiva, la fortaleza del País Vasco y Navarra gracias al mantenimiento de un régimen fiscal (el cupo) extraído de los fueros del siglo XIX.

De esta geografía emanan distintas visiones del presente y del futuro y también las diversas respuestas políticas. Un país construido alrededor de Madrid, en un centralismo que condiciona las nuevas infraestructuras y que como resultado limita el crecimiento de las regiones más dinámicas. Las grandes fuerzas nacionales, desde los tiempos de Abril Martorell y Alfonso Guerra hasta ahora mismo, mantienen este esquema basado no en la eficiencia del país y de sus empresas sino en la defensa de una soberanía política que se sobreentiende anida en el centro de la meseta y no en todas y cada una de sus partes.

“La deriva de España” no implica, como advierte el autor, una España a la deriva pero sí señala algunos rasgos de nuestra identidad, básicamente construida ya en los últimos treinta años, los años de las libertades recuperadas y el reconocimiento político de las autonomías, que se pueden tambalear por las duras circunstancias económicas que atravesamos.

Más allá de algunas redundancias estadísticas y argumentativas sorprendentes, el libro de Juliana arroja mucha luz en la interpretación de la España política, económica y social del momento.

Xavier Nóvoa

MANUEL “PACHI” VÁZQUEZ IS RUNNING

Posted in Autonómica on Marzo 20, 2009 by barrildonaufrago

p1222785620_175971_fotonoticia_grande_0_pachi_vazquez

Tal e como era previsto, Manuel “Pachi” Vázquez comeza públicamente a súa carreira cara a Secretaria Xeral do partido. En primeiro lugar anuncia que ten intención de pulsar a opinión das agrupacións e militantes co obxectivo de poder presentar unha exceutiva diante do vindeiro Congreso que poida facerse cargo do partido.

Na páxina web do PSdeG-PSOE pódese ler unha nota de prensa sobor do anuncio de moito interese.

CONGRESO. PRETO DO 25 DE ABRIL

Posted in Autonómica on Marzo 17, 2009 by barrildonaufrago

1817273w

A pouco máis dun mes para a celebración do congreso do PSdeG-PSOE de Galicia, do 25 de Abril, que terá coma primeiro obxectivo a elección do novo Secretario Xeral xa comezamos a coñecer como se desenrolará o mesmo.

En termos xerais o plantexamento é semellante o do último que tivo lugar o ano pasado. Así, o sistema de participación será mediante delegados a elexir nas asambleas locais (uns 500 delegados). Tódalas agrupacións terán así representación (cando menos 1 delegado) mais logo se fará un reparto adicional de delegados en función do número de militantes das agrupacións (por cada 45 militantes darase 1 delegado adicional).

No referente a elección do Secretario Xeral será preciso contar cando menos cun 20% dos delegados. Limítase ó 30% o máximo para facer posible a existencia de máis dun candidato.

Ademáis semella que o Congreso levará no seu orde do día a celebración dun “Debate político”

“A CIEGAS” (BLINDNESS)

Posted in Recomendacións on Marzo 14, 2009 by barrildonaufrago

untitledblind1 

Finalmente, fue Fernando Meirelles (“Ciudad de Dios”, “El jardinero fiel”) el director que pudo levar a cabo la adaptación de “Ensayo sobre la ceguera” de José Saramago. Según nos apuntan en las notas de prensa sobre el estreno de la película, el escritor luso se había negado a unas 40 propuestas para realizar la adaptación. Si generalmente las adaptaciones literarias al cine son complicadas, en el caso de una obra como la de Saramago que sumerge al lector en un mundo ausente de imágenes, la ambientación resulta más dificultosa, y seguramente, algo deslucida.

Todo comienza con un semáforo y sus cambiantes colores. Delante del semáforo un conductor se queda repentinamente ciego. Una “ceguera blanca” se apodera de él y pronto se apoderará del resto de los hombres debido a su carácter contagioso.

En un primer momento, la extrañeza de puntuales casos de ceguera hace que las autoridades opten por el confinamiento de los ciegos con extremas medidas de seguridad. Pero finalmente, la ceguera se extiende a todos, menos a Julianne Moore (los actores no tienen nombre), siendo imposible su control.

La “ceguera blanca” es una “excusa” con la que Saramago, y en este caso Meirelles nos lleva a una profunda reflexión sobre los valores básicos del hombre. Como son la solidaridad, el compañerismo o la ética. Pues en un mundo de ciegos, la lucha por la vida es llevada a su máxima expresión.

Cruda adaptación. Efectiva. Y sobre todo, creo que respetuosa con el libro de Saramago.

BOETHIUS

FIN DO CICLO ZAPATERO?

Posted in Nacional on Marzo 10, 2009 by barrildonaufrago

Un escalofrío percorre as Casas do Pobo de toda España. A perda do goberno da Xunta vivíuse entre os compañeiros socialistas como a antesala de futuras e irremediables derrotas. Foi, de feito, como a cristalización ou traslación á política das incertidumes e angurias que está a provocar a crise económica e a súa secuela socialmente máis dolorosa: o desemprego.

Neste escenario non son poucos os que adiantan que a rosa do socialismo en España empeza a murcharse; que o ciclo triunfante de Zapatero pode tocar ó seu final. Anúnciase unha esperada remodelación do goberno coa vista posta en revitaliza-la acción de moitos ministerios hoxe afundidos no silencio e na inoperancia política.

E nembargantes fai escasamente un ano que once millóns de españois depositaron a súa confianza no PSOE. É certo que, daquela, cabalgábamos no cumio da onda alleos por completo a crise que de xeito estrepitoso se cebaría sobre nós con tanta virulencia. Non parece tempo suficiente como para que a cidadanía teña consolidado un cambio na intención do seu voto.

Por elo parece inaplazable xa un golpe de timón rotundo para establecer políticas claras con respecto á crise; iniciativas políticas ben explicadas; consensos sociais donde empresarios e sindicatos sexan cómplices das políticas do goberno e en definitiva, un impulso decidido de que esta situación ten volta e que o goberno socialista é o instrumento máis eficiente para facelo.

QUO VADIS, PSdeG-PSOE DE GALICIA?

Posted in Autonómica on Marzo 6, 2009 by barrildonaufrago

1222785620_175971_fotonoticia_grande_0_pachi_vazquez

Despois da dimisión do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Galicia, Emilio Pérez Touriño, ábrese no PSdeG-PSOE un novo tempo no que os socialistas debemos, non só escoller un novo Secretario Xeral, senón reconstruir o partido para presentar a sociedade un proxecto gañador, capaz de conquerir o apoio da maioria do pobo galego.

Do proceso, en primeiro lugar, xa temos constituída a Xestora e un calendario definido ca celebración do Comité Nacional Galego o 14 de Marzo e o Congreso Nacional o 25 de Abril. Semella que as Asambleas locais de preparación do Congreso celebraranse a finais de Marzo.

En segundo lugar, semella que temos definido un perfil de futuro Secretario Xeral e que segundo o que se está falando nestes días cumpriría o Secretario Provincial de Ourense, “Pachi” Vázquez.

Ata aquí todo o coñecido. O demáis a día de hoxe son incógnitas. E dicir, nada se coñece sobor da posibilidade de que alguén se poida postular a Secretario Xeral (é preciso dispor dun 20% de apoios). Nada se coñece tampouco sobor da estructura da Executiva Galega nin dos membros que acopañarían nela a “Pachi” Vázquez. Do mesmo xeito nada se coñece sobor das Executivas Provinciais que, en principio, se formarán agora. Nen sequera da necesidade ou non de voltar a formular as Executivas Locais. Todo semellan incógnitas a descifrar neste mes e medio. De seguro que tempo teremos para seguir falando desde proceso.

PLENO: 5 DE MARZO DE 2009

Posted in Local on Marzo 4, 2009 by barrildonaufrago

2946677552_08fcc43681

ORDE DO DÍA:

1.APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES
2.DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA
3.DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008
4.MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 1/2009
5.MOCIÓN RELATIVA A FACTURACIÓN DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS
6.CESIÓN DO CENTRO DE SAÚDE A CONSELLERÍA DE SANIDADE – SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
7.MOCIÓNS
8.ROGOS E PREGUNTAS