PLENO: 14 DE MAYO DE 2009

AY

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES
Acta de 2 de abril de 2009
Acta de 8 de abril de 2009
Acta de 23 de abril de 2009

2. DACIÓN DE CONTAS DOS DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

3. TOMA DE POSESIÓN DE D. ROBERTO C. VALVERDE SABÍN COMO CONCELLEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G.

4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE OBRA PÚBLICA DA CONSTRUCCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN CENTRO CÍVICO SOCIAL EN SABARÍS

5. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOMEAMENTO DO XUIZ TITULAR DO MUNICIPIO DE BAIONA

6. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

7. MOCIÓNS

8. ROGOS E PREGUNTAS

12 Respostas to “PLENO: 14 DE MAYO DE 2009”

  1. Rafa Lores Dí:

    Moción que presenta o Grupo Municipal Socialista para o vindeiro Pleno do 14 de Maio:

    “O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta esta MOCIÓN

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    A situación económica actual, inmersa nunha crise global fai que dous colectivos estean a ser os principais perxudicados nesta situación:
    As pequenas e medianas empresas e os autónomos
    As familias que poden ter a tódolos seus membros no desemprego.

    O descenso da actividade económica a tódolos niveis, a contracción do consumo e as dificultades de financiación que lles impiden obter liquidez, fan que as empresas e autónomos estean a pasar moi serias dificultades para manter as súas empresas e por conseguinte o emprego dos seus traballadores.

    O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE aplaude as medidas levadas a cabo dende o Goberno do Estado como o Plan “E”, Liñas ICO liquidez e Moratoria, Devolución mensual do IVE, etc, etc. Medidas que xa no pasado mes de Abril estanse a ver os resultados cun cambio de tendencia nos niveis de desemprego, e cun reponte no emprego do sector industrial.

    O Grupo Municipal do PSdeG-POSE tamén apoia e respalda as actuacións de axuda a economía postas en práctica pola Xunta de Galicia, fundamentalmente dende o IGAPE, e apoiará tamén as anunciadas polo novo Goberno de Galicia, do Sr. Feijoó.

    O baixo nivel de endebedamento deste Concello, fai que o marxe de manobra sexa amplo para poder tomar medidas de apoio e axuda, nuns momentos de necesidade económica das empresas e familias baionesas.
    En Baiona chegamos a 1.200 parados dacordo a EPA, máis de 300 fogares teñen a tódolos seus membros no desemprego, ademais un 25% dos desempregados inscritos na oficina de emprego non percibe ningún tipo de prestación.

    Dende este Grupo, consideramos que as Administracións Locais deben xogar un papel determinante nesta axuda, e complementar as políticas de apoios doutras administracións, con tódolos medios ó seu alcance e sen cortapisas.

    O Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes ACORDOS:

    1º.-Que o Concello de Baiona se acolla ó establecido no Decreto-lei aprobado o pasado venres 24 de Abril polo Consello de Ministros para poder obter financiación para o pago das facturas pendentes a provedores e acredores, fundamentalmente pymes e autónomos, e se podan satisfacer esas facturas en 30 días, o que suporía unha axuda e respiro a moitas de estas empresas nun curto espacio de tempo. Dacordo o resultado do exercicio económico 2008, existía un saldo pendente en facturas pendentes de máis de un millón (1.053.000) de euros, e de outro millón (1.017.000) de euros fora de presuposto.

    2º.-Se libere remanente de tesourería do exercicio 2008, e se dote e se regule un “Fondo Anticrise Municipal” co fin de axudar as empresas e autónomos baioneses, e as familias con tódolos seus membros no desemprego. Investimentos Municipais creadores de emprego e unha política de axuda as familias e empresas serían os dous obxectivos primordiais dese “Fondo” ”

    Baiona 8 de Maio de 2009

  2. El PP no quiso debatir la moción presentada por el PSOE y por consiguiente aclarar la polémica sobre la deuda. No deja de tener gracia la defensa que hacía el alcalde del pleno como lugar de trabajo (de debate?) en su nota de prensa y la actitud de hoy.

    Un saludo,

  3. Incalificable a actitude de hoxe do Alcalde, que despois de non haber incluído na orde do día do pleno a moción presentada polo Grupo Municipal Socialista no rexistro Municipal o día 8 e habendo anunciado na Comisión Informativa que aínda que non se incluíra sería aprobada a súa presentación como urxente e debatida no pleno, xuntamente con unha do BNG que presentou tamén na Comisión e outra do PP, que aínda non redactaran, cambia de opinión e non vota o PP a favor da urxencia e non contento con eso, nega o asumido na Comisión Informativa.

    Está claro que é incapaz de rebatir o contido da moción presentada con datos, soamente con descalificacións que o retratan.

    Un saudo

  4. O dixemos: o alcalde non rectifica un erro ou unha mentira aínda que o colguen polo pescozo. Sería unha debilidade imperdonable e os autoritarios non poden aparentar ser simplemente homes, jodidos e retorcidos sí, pero homes ó fin e ó cabo.
    Utlizou a web do concello, saliu á prensa e din que tamén á tv, pero despreciou o Pleno para dar as explicaccións que xustificaran á excentricidade das súas cifras e aproveitar os mecanismos financieiros que o Estado está a poñer nas mans da administración local para axudar as tesoureirías municipais a pagar as súas débedas.
    Así é como, pasiño a pasiño, se cavan as tumbas dos políticos. Un pouco de soberbia por eiquí, un desprecio por alá, e nun pis pás pasaches á historia. Abóndalle con mirar para Vilar ou para Chicho para saber cómo a confianza maioritaria da xente dilúese coma un azucarillo en auga.
    Ánimo compañeiros e a defender os intereses de Baiona. O decreto do goberno e bó para as finanzas locais e para o pobo de Baiona.

  5. Besteiro Dí:

    A actitude de desprecio de Almuíña hoxe no pleno ten unha extraordinaria importancia. Despois dunha semán donde insultou gravemente a Rafa Lores utilizando mesmo os medios públicos do concello, non foi capaz non só de xustificar a súa posición senon de impedir debater un novo mecanismo financieiro aprobado polo goberno español para axudar ás economías municipais no pago das súas débedas.
    Esta chulería e prepotencia non son novas en Almuiña e perxudican a convivencia democrática e os intereses de Baiona que, por suposto, están por riba dos partidistas.
    Animo concelleiros socialistas e como dí Séneca, ¡a traballar por Baiona!.
    Por certo: onde está Turi?

  6. Besteiro,

    voltas a dar no cravo. O PP non está desprezando ó PSOE está desprezando (gobernando en contra) dos veciños. O PSOE levou ó pleno propostas para ós veciños, propostas que axudan ós veciños e o PP despreza estas propostas e polo tanto ós veciños de Baiona. ¿Por qué o Concello non se acolle o Decreto do 24 de Abril? ¿Por qué nen sequera o quere explicar no pleno?… Sres. do PP, moi, moi mal.

    Saúdos,

    pd: 24 días para as eleccións europeas….

  7. Judas o do Ferreiro Dí:

    Eu confío na cabeza tractora de Jose Angel malia toda a indolencia do Turi. Si o partido en Baiona quere, hai moito que decir nesta campaña.
    O PP é un entramado de estómagos agradecidos, carteiras económicodependentes e cerebros abducidos pola propaganda de Intereconomía.
    Falade con Cardiño e seguir a cotización do Kg de carneiro. Xógome unhas tortillas do San Xoán a que sube de aquí ás eleccións. Almuíña estáse a dar uns repasos de fixador no pelo despois do desmelene protofascista do Pleno de hoxe. Salud e gomina, camaradas bizarros.

    P.D.: houbo baioneses que sinalaron a inusual ausencia de Almuíña no control de ingresos en Povisa. ¡Porca miseria!.

  8. Sherlock Dí:

    Confirmo o dato de Judas. Alomenos duas familias baionesas con familiares ingresados en Povisa, non recibiron chamada de Almuíña. Relaxación?, indiferencia?, cambios no persoal de admisions?, … huy, huy, huy.

    Adenda a Besteiro: Executiva do Luns, 11 de Maio: por parte de Turi prodúxose a enésima declaración de intencións de tomar cartas no asunto, mais o sentir xeral e o déjà vu.
    Conxunto valeiro. Encefalograma plan. Rien de rien. A nada absoluta. Escoller a que máis guste. Para máis acepcións consultar diccionario de sinónimos e antónimos. Fuente: xestión inexistente ou cómo ocupa-la silla por puro deporte.

  9. Holmes, Sherlock Dí:

    Moi boa presentación do grupo municipal socialista á directiva de ACEBA. Información das liñas oficiais de apoio a autónomos e comerciantes. Medidas de apoio ós concellos, etc. Tanto Rafa Lores como Rafa Estevez levaban feitos os deberes. Moi bo sabor de boca. Noraboa.

  10. Holmes, Sherlock Dí:

    O imprevisible Watson está en fase renegado e a min acumúlaseme o traballo. Compre investigar facturas representación teatral no Auditorio. Hai moito malestar e moito mar de fondo. De feito o afloramento de parte do iceberg de débedas frustrou o ascenso ó olimpo empresarial baionés de algunha hosteleira. O dossier non termina de engordar.

  11. Xan carallán Dí:

    Holmes déixate de caralladas co iceberg de débedas do teatro e pregunta pola tonelada de zapata que aínda queda por rillar. Pobre virxe do Carme. Sin comelo e, moito menos, bebelo e agora andar en faladurías. Este ano de foguetería polo Carmen o Alborés vai tirar zapata con entradas para un pub. Non esta vez non é o Villa Rosa. Coido que é nun que falan en latín. Non o Vanitas tampouco. En Baiona, na rúa Venturandum Misae. Que vos den, que hai que decilo todo para que entendades.

  12. Sherlock Dí:

    Lamento o estilo bronco de ése tal Xan. O interés dun bó relato reside en que o lector vaia sacando as súas propias conclusións ou mellor aínda, e seguindo a Eco (Humberto), a obra debe permitir interpretacións abertas. Si hai que decilo todo …
    Chégame a Baker Street, que podía ser a ruela Xogo da Bola que tamén ten panadería, que hai un imperio hosteleiro baionés que compraba cando todos compraban e vende cando todos venden. Polo tanto achego conclusión de que comprou mal e agora venderá peor.
    O doctor Watson si estivera por eiquí, que non está, engadiría que endexamais ninguén pensou que ahí houbera unha miga de intelixencia e sí moita forza … bruta. Estas cousas as decía despois dunhas pintas ou uns reds-bulls con absenta e, polo tanto, non habería que facerlle moito caso.

    P.D.: Dear Doctor, bótolle de menos, non teño noticias da súa retranca nin das históricas trancas. Materialícese, baixe da sua torre de marfil. Non durmo pensando nas súas solitarias andainas pola grisura dos Cárpatos, nos Sudetes, en mesones e cervecerías de Praga, Potsdam ou Berlín. Nin pensar en atopalo nos barrios roxos de algún porto do Báltico, en Hamburgo ou Gdansk, en compañia de mariñeiros alcoholizados e filiación equívoca. Volte doctor que aínda hai espranza, agora que a mesa camilla de Ramón Piñeiro descansa na Penzol de Vigo. Volte e acougue.

Deixa un comentario