GALEGO … PASADAS AS AUTONÓMICAS

FEI

Qué lonxe queda xa o 1 de marzo, ¿non? Sobor de todo no referente ó “conflicto” do galego. E é que tres meses despois da manifestación de Galicia Bilingüe por Santiago ata Gloria Lago anda enoxada co Sr. Feijoo: “A Feijóo le ha debido de dar una descarga eléctrica”.

Coa tranquilidade que dan 4 anos de maioria absoluta o Presidente Feijoo olvídase daquelo de facer un novo decreto lingüístico nos primeiros 100 días de mandato e agora o toma con moita calma para acadar o maior dos consensos. E mesmo nomea secretario xeral de Política Lingüística a Anxo Lorenzo que non semella contar co maior dos consensos posibles. ¿E qué dí Gloria de todo isto? Pois dí que o nomeamento “sin duda decepciona a quienes creímos en las intenciones de Alberto Núñez Feijoo, expresadas durante la pasada campaña electoral”.

3 Respostas to “GALEGO … PASADAS AS AUTONÓMICAS”

  1. Laureano Salgado Dí:

    Alimento para UPyD (Rosa Diez). Unha proba mais de cómo o PP soubo mover sectores de voto radicalizados -neste caso pola lingua- ós que ninguén prestou atención. Non se volveu falar das cadeiras, nin do despacho de Monte Pío e si me apurades nin dos Audis, aparcados nas cocheiras e sustituidos polos Citroen, que haberá que pagar tamén,digo eu. Quedan aínda o concurso eólico, os enchufados do BNG en SEAGA, a protección do litoral, etc, etc.
    A movilización dos cabreados, o apoio da Voz de Galicia – escoitade o batacazo do BNG na Coruña- e os outros medios ó PP; a rápida reacción no caso Luis Carrera; o silencio de Touriño coa campaña de despilfarro -”o sultán de Monte Pío”-, o disparate do BNG pretendendo impoñer cousas con 18% dos votos -hoxe moitos menos-; o despiste e desconexión social monumental de Touriño, a soberbia insoportable de Caride -Sherlock, busca en Eiriña S.A.-, … tantas e tantas cousas, pequenas sí, pero que ben manexadas moven os milleiros de votos e deixan na casa a outros tantos que dan como resultado o que agora temos.
    Decía estos días o conselleiro Javier Guerra, un político de perfil mediático baixo, que o que máis temía era a exposición pública, as críticas e os efectos sobre a súa familia. Guerra, como Almuíña, sempre sacan por diante á familia, como escudos humáns. Os rivais políticos, os periodistas que os critican, etc, éses non importan, nin eles nin moito menos a súas familias. Con xente así, a quén pode sorprenderlle aquela campaña e estos feitos? O volverán a facer.

  2. rafa lores Dí:

    O PP non ten escrúpulos. No derradeiro Pleno utilizou, sen ningún reparo o Galego, para chamar fascistas os grupos da oposición. Pero, en esa mesma sesión, non mantiveron o acordo acadado na Comisión Informativa de debater a moción do Grupo Socialista. Esta solicitaba que o Concello de Baiona se acollera ó establecido no Decreto-lei aprobado o pasado venres 24 de Abril e poder, así, obter financiación para o pago das facturas pendentes a provedores e acredores, fundamentalmente pymes e autónomos. Esa é a democracia do PP.

    O alcalde utiliza o Pleno como instrumento para facer oposición o Goberno de España, como fixo antes co goberno de Galicia, esquecéndose de defender os intereses de Baiona.

    Unha boa nova: ¡¡¡ BAITRA CAMPEON !!!. Noraboa ós xogadores, directivos e patrocinador. A próxima temporada a gañar a liga autonómica

  3. Momento da responsabilidade Dí:

    Faltan apenas dous anos para as vindeiras eleccións municipais. No tempo transcurrido dende as anteriores, o PP de Almuíña consolidou e aínda incrementou as súas posicions. Podemos atender os resultados de tóda-las eleccións celebradas dende as pasadas municipais: tanto nas xerais como nas recentes autonómicas o PP está na maioría absoluta, extrapolando os resultados.
    Na rua, o sentimento é de que o alcalde non ten desgaste e de que os 500 votos de Vilar e os 300 de Chicho nas pasadas municipais, hoxe están máis do lado de Almuíña.

    No PSdeG, o relevo na Secretaría Xeral non deu os froitos desexados. Perdimos presencia cidadán; perdimos presencia política. Carecemos de proxecto estratéxico e, lamentablemente, perdimos dous anos en infantís e estúpidas liortas internas. Non debemos continuar nesta situación ata as vindeiras eleccións. Non no-lo podemos permitir por respeto ós cidadáns e por respeto ás siglas. Somos un partido gañador; representamos as ansias de cambio dos baioneses/as, de moitos centos entre eles e, aínda hoxe, e despois de estos dous anos, temos o respeto dos demáis.

    Pola responsabilidade contraída cos veciños/as e cos militantes/as é necesario tomar algunhas decisións que nos permitan correxi-lo rumbo. A primeira de elas é que o actual secretario xeral ten que deixar de ser un obstáculo para o PSdeG-PSOE. As espranzas depositadas en él fai dous anos están hoxe murchas. Non só non desenvolveu ningún traballo inherente a súa responsabilidade como secretario xeral, senon que alimentou as condicións para a división entre compañeiros, deixando medrar as diferencias; non foi capaz de coordinar ningúnha relación entre executiva e grupo municipal; non soubo marcar á liña política nin da executiva nin do grupo municipal; perdéuse presencia nos medios e presencia entre os veciños.

    Polo ben de todos e tamén de él, o secretario xeral ten que ter a capacidade para recoñecer os erros e a insuficiencia do seu traballo. Continuar de este xeito sería suicida para a organización e para os electores que hoxe, pese a que nos votaron, non se sinten representados polo PS.
    A súa dimisión facilitaría a transición cara outra solución, dende novas bases de integración. Continuar nesta situación conlevaría seguir co goteo de compañeiros que abandonarían a executiva ou o traballo no entorno da mesma.

    Continuar así levaría a un maior alonxamento entre o traballo do grupo e o da executiva. Baste como botón o sucedido esta semana donde o excelente traballo do grupo muncipal arredor da financiación municipal non recibiu ningún tipo de apoio ou mesmo de mostras de interés por parte do secretario xeral.
    Continuar así sería volver a escoitar as promesas tantas veces repetidas de que “agora sí, agora empezamos de verdade a traballar”. Xa abonda cos dous anos perdidos; non arrisquemos os dous restantes.

    Continuar así e seguir a mandar unha mensaxe a tódo-los baioneses de que o PSdeG non aspira a gañar as vindeiras eleccions muncipais. De que nos conformamos con repetir resultado ou perder un, ou dous, ou tres, en definitiva, con perder e darlle a maioría absoluta ó PP.

    Hai que tomar decisións e hai que facelo pronto. A executiva ten que analizar a situación na que nos atopamos e dar unha resposta convincente a todo o partido. Agardamos da sua responsabilidade; tamén da xenerosidade do secretario xeral.

Deixa un comentario