RESULTADOS ELECCIÓNS EUROPEAS: BAIONA

2009
PP 2590 votos / 55.6% (Pontevedra – 49.26% / Galicia 50.69%)
PSOE 1454 votos / 31.22% (Pontevedra – 34.85% / Galicia 34.25%)
BNG 390 votos / 8.37% (Pontevedra – 9.9% / Galicia 9.4%)
2004
PP 2180 votos / 51.15%
PSOE 1472 votos / 34.54%
BNG 444 votos / 10.42%
El incremento de votantes con relación a 2004 fue de 409 votantes (9.56% con relación a 2004)
Xuño 8, 2009 a 7:27 pm
No alcanzo a ver un cambio de ciclo que se inicie. Sí que veo un inicio de cambio de tendencia y un serio aviso de descontento por una situación frustrante. Creo que en tres años es perfectamente invertible si se trabaja y se trabaja bien.
Tambien es necesario comunicar bién.
Ayer, sin ir mas lejos, no he visto una buena comunicación.
El “vuelco” del electorado en Europa hacia la derecha se puede explicar porque la derecha gobernate europea está aplicando recetas de corte socialdemocrata para la crisis, pero en España la gente teme a lo que pueda hacer esta derecha que padecemos que no da sensación de seriedad (ni de credibilidad) en sus planteamientos. Es por ello que en España no se produce ese “vuelco” a pesar de cómo está la situación. pero tengamos en cuenta el aviso que se nos está dando (en mi modesta opinión.
Si nos quedamos en el simple “hemos salvado los muebles” no tenemos nada que hacer.
Esto me puede oler a lo que le pasó a Churchill tras la II guerra mundial: en las primeras elecciones posteriores a la guerra le dieron las gracxias…y una patada en el pompis. Se creyó que con ganar la guerra ya había hecho lo suficiente. Con aliviar la crisis con medidas de protección social noi será sufieciente.
tenemos que pasar de la improvisación y la ocurrencia al mensaje y a actuar seriamente. Se nos pide. Se nos exije.
Ahota tenemos en año y pico unas municipales y autonómicas y hay que empezar a hacer las cosas (no 2 meses antes.
Xuño 8, 2009 a 7:32 pm
P.D. Me preocupa igualmente el que no seamos capaces de tomar prestado el voto que el BNG está dejando en su caida.
Xuño 8, 2009 a 7:36 pm
P.D. 2: tambien me preocupa esto:
http://www.elpais.com/articulo/espana/Dirigentes/PP/insinuan/resultado/electoral/absuelve/Camps/elpepuesp/20090608elpepunac_3/Tes
Como me escribía un amigo ( y le parafraseo) los que aborrecemos el linchamiento debemos sentirnos inquietos e indignados por este engendro de absolución por las urnas…ahora la masa suplanta a los tribunales.
Afortunadamente no creo que sean mayoría. Tal vez sea falta de cultura democrática y una interpretación perversa del espíritu de la transición: todo nos es perdonable si nos bautizamos de vez en cuando con agua de elecciones.
Xuño 8, 2009 a 9:06 pm
Benvido de novo, Raposo Atlántico, parécenme oportunos os teus comentarios sobre a posta en escea de onte -as derrotas son horfas-, a necesidade de reaccionar, o voto que parece abandonar ó BNG, …
Para min o resultado en Galicia só ten un aspecto positivo: a recuperación do voto nas cidades, paréceme incluso espectacular e de seguro que ó PP deixóulle tocado. Do resto, pois bastante mal, co PP subido á parra da maioría absoluta. É un cambio de tendencia?. Non o sabemos.
En Baiona o dato relevante é a galopante carreira do PP. Un 55% dos votos consolida a enorme masa social que se move nesa onda e permite adiantar un avance irresistible cara a maioría absoluta nas municipais. Parece tratarse dunha carreira contra os propios límites do PP, sin que Manolo Vilar ou o PSdeG e BNG sexan quén de frear esa marcha triunfal.
A cuestión estriba agora en qué é o que o PS pensa e pode facer para impedir ese camiño de rosas. Dende fai tempo está instalado no subsconciente socialista baionés a sensación de que as cousas van ir peor do que ó final sinalan as urnas. Esa alegría postrera, ese premio de consolación, ese salvar os muebles, leva despois a unha certa parálise de autosatisfacción na creencia de que as cousas non van tan mal. Un certo conformismo. Agora poidera pasa-lo mesmo. Con este resultado o PSdeG podería pelear polo quinto concellal e moitos pensarán que xa está ben coa que está caendo. Temos que rebelarnos contra eso.
Eu creo modestamente que se poden e se deben facer algunhas cousas. A primeira encher os valeiros creados neste tempo, poñendo en marcha por primeira vez na lexislatura a colaboración franca e leal entre executiva e grupo municipal. A segunda definir unha axenda común de traballo concreta moi pegada á realidade e non desviarse do seu cumprimento nin un milímetro, nin un día ata o final. A terceira, a creación dun ambiente que permita que a crítica sexa integrada nun proxecto común e non como ata agora simplemente esmagada.
A miña confianza en que esto sexa posible é xa prácticamente inexistente, pero por decilo unha vez máis non se perde nada.
Xuño 9, 2009 a 7:54 am
Carlos……
Quen lle fai oposición ao PP?….
Penso que a oposición está dentro do PSOE e tamén no BNG.
Hai unha desilusión enorme na militancia coas liortas internas, que non van a nengures. O que vexo da miña varanda é querer ter poder, para que?. Non saimos dos “despachos”, estamos ausentes da realidade da xente que o está pasando mui mal, xestión nas institucions “cero patero”.
Xa o dixen, sinto VERGOÑA ver o partido desfeito e sen reaccionar……e mentras o PP dá caña a todo aquel que se pon diante, e vos mirando para outro lado (algún día veremos quen será o próximo que terá que “mudar de casa”).
Xuño 9, 2009 a 7:57 am
Polo lado de Pepe e así, supoño que o resultado obtido e os dous anos que faltan ata as eleccións, son razóns suficientes para pedir que o BDN pase a mellor vida, é decir, que cale para sempre. Agora ben, cómo se pode condear ó silencio a unha maioría do grupo municipal, incluído o portavoz municipal, e a un puñado de militantes que se caracterizan por encher de contidos prácticos e con sentido político todas as reunións de partido ás que son convocados?. Sin eles, sin a súa voz, o partido perde profundidade, lóxica argumental e trabazón política. Pode Turi continuar a despreciar ese capital que ten na casa?. A perda de tres puntos en Baiona e algo máis con respecto á media de voto en Pontevedra, son punto de apoio para construir unha proposta atractiva cara as municipais? sirve para algo máis que para “salvar os muebles”?.
Turi ten que mover ficha rápido e decidir qué vai facer, convocando á militancia a unha asamblea, cara os dous anos que restan.
Xuño 9, 2009 a 8:10 am
Carlos dixo:
“Eu creo modestamente que se poden e se deben facer algunhas cousas. A primeira encher os valeiros creados neste tempo, poñendo en marcha por primeira vez na lexislatura a colaboración franca e leal entre executiva e grupo municipal. A segunda definir unha axenda común de traballo concreta moi pegada á realidade e non desviarse do seu cumprimento nin un milímetro, nin un día ata o final. A terceira, a creación dun ambiente que permita que a crítica sexa integrada nun proxecto común e non como ata agora simplemente esmagada.”
Dende o norte do Rio Miño non se entende como levando pasado mais de dous anos de mandato, esto está todavía sen facer. Simplemente parece increible.
Na Federal constituise fai xa mais de 3 meses o grupo “Cidades 2011″ e na CENG constituise onte o Grupo de Política Municipal. Diversas agrupacións levan tempo a traballar na percura de espacios de conexión cos distintos actores sociais do entorno.
Dende fora un asiste atónito ao que está a suceder en Baiona e a ese sentimento de resignación diante do avance/consolidación do PP mentras, segundo parece, continúa en vigor aquel “al suelo que vienen los nuestros”.
Xuño 9, 2009 a 9:25 am
tonio,
¿algunha proposta?
un saúdo,
Xuño 9, 2009 a 6:52 pm
Tonio, cál é en verdade o problema do PS?. A crítica interna ou a falla de confianza da sociedade?
Si a executiva analiza estos resultados como que o chan de votantes socialistas segue a estar ahí -perdéronse 18 votos respecto do 2004- pouco efecto debe estar facendo a crítica dos náufragos ou o tan -inxustamente- denostado Rafa Lores. Estos efectos en todo caso quedarán para consumo interno e preocupación de catro enterados da casa, pero á xente ou non lle chegan estos comentarios ou pasa deles.
Coido que o problema, non só de Baiona, é que a xente non nos ve como alternativa fiable, como equipo no que merece a pena confiar, como un liderazgo que pode ser mellor que o de Almuíña. Este sí que é o problema e non outras cuestións moi menores e de consumo interno. Pretender tapar as auténticas vergoñas con estes farrapos de pouco vai servir.
Hai que preguntarse porqué en Vigo ou Redondela gañamos ou empatamos co PP e porqué en Gondomar, Nigrán e Baiona, o PP está por riba do 50% e nós no 30%. Estas son as cuestions que ó partido lle teñen que preocupar e non as liortas internas pouco ou nada relevantes para a sociedade.
PD: ós efectos Rafa Lores, propoño que a Executiva faga un sondeo por Baiona adiante de coñecemento e valoración do portavoz municipal e do secretario xeral, ós simples efectos de mera curiosidade, claro. Cecais despois de eso comprendamos o porqué do alonxamento da sociedade baionesa respecto do noso partido.
Cánto máis abandonado polo partido está Rafa Lores que ó fin e ó cabo está batendo o cobre tódo-los días no concello sin ter referencias políticas, que o secretario xeral que non acaba nin de marcar liña política nin liña de oposición ó PP.
Xuño 9, 2009 a 9:30 pm
Xa era hora de voltar ó campo de batalla, levo máiss dun mes lendo as vosas crónicas, e non fago máis que sorprenderme, que haiba alguén “esperando a Godot”, e o máis tremendo, vos facéndolle caso.
Sorprendente o poder de internet pra que unha soa persoa sea capaz de trocalo xuizo de toda unha morea de compañeiros cos seus principios ben claros.
Isto me recorda aquel capitulo de Uderzo onde un comisionado román chamado “Pefectus Detritus” se introducía no poblado da Galia e o final despois de sembrar as súas únicas armas, tódolo mundo acababa como na boda do Karinga, ou sexa, ¡a Hostias!, aquel episodio chamábase “A Cizaña”, e a reflexión que vos transmito e que temos que ser máis intelixentes e non sucumbir ó elemento, a meu xuizo, máis castigado nas derradeiras eleccións, como foi a confrontación absurda e a politica do ventilador que tan bos resultados lle deu a Aznar.
Os que xa vivimos outras épocas no partido, os que traballamos pra conseguir ter un alcalde socialista, e llo conseguimos, temos, e seguiremos tendo, a suficiente autoridade pra romper e incluso anular a estes torpes de ideas que o único que queren e desfacer a un partido no que evidentemente non creen. Nas que pensan que os militantes son os que teñen que chamar a porta da agrupación, en vez de ser os dirixentes os que busquen o apoio dos militantes.
Temos xente dabondo, non sobra nadie, pero xa vai sendo hora que alguén dende arriba lle de un tirón de orellas, a que non quere escoitar a militancia. Unha das principais características do noso partido e a libertade de expresión, e calquera que intente limitala ou anulala, terá sempre miña mais enérxica oposición. Somos por natureza críticos, pero esa crítica nos permite expresala nosa liberdade. Somos a veces demasiado críticos, pero a utilización positiva desa liberdade de expresión e a que nos fai valorar con maior intensidade os nosos dirixentes. Nos gusta traballar polo noso partido, pero tamén nos gusta ser escoitados cando temos que denunciar algo. De este tipo de corrente xurdiron movementos como “Sumando Ideas”, e espero que en setembro se poidan sumar máis.
Compañeiros estamos no momento de seguir na loita, pero eu vos pediría, votalo freno neste blogue e deixar pasar os elementos que restan e buscar os que suman pra facer que quen teña que tomala decisión (Turi), o faga coa libertade que promulgo neste comentario.
“En attendant Godot” forma parte do teatro do absurdo, e como traxicomedia en dous actos, necesita os seus tempos, o primeiro xa o ten escrito o cego e o mudo, no segundo nos temos que cambialo final e non decir que nos vamos, xa que este é o noso partido, o partido dos que defenden a liberdade.
Saudos e Grazas.
Xuño 9, 2009 a 10:23 pm
Pedro Madruga: APLAUSO DURANTE, CANTO MENOS, UNHA HORA!!!
O teu comentario é merecedor de todo tipo de eloxio pola súa certeira fotografía e a nidia visión do tema en cuestión.
Convirtome en rendido admirador (sinceramente e de todo corazón.
Xuño 9, 2009 a 11:06 pm
Agradécese un pouco de ar fresco, Pedro Madruga. As habitacións pechadas é o que teñen: o ar víciase enseguida. Por desgracia levamos moito tempo botándonos o alento á cara sin adiantar un palmo. Vas ter razón Madruga e ten que ser que a esta xente o partido e os cidadáns impórtalles un carallo.
Xuño 10, 2009 a 9:24 am
Hai unha profunda distancia entre a militancia e os cargos de todo tipo. Iso notouse en que un grande número de simpatizantes de esquerda tomaránse o día “libre”, ou sexa, sen pasar polas urnas.
Debarían darse conta os “CARGOS”, que as suas bases RECLAMAN unha ATENCIÓN ESPECIAL, máis en tempos de crise. Neste último CAPITULO é onde a ESQUERDA ten que ter IDEAS CLARAS para transmitir ilusión, confianza e gañas de traballar polos que máis sofren. Non valen palabras, a estas alturas, requirese FEITOS.
No tema de traballar NON só é criticar neste foro sen SAÍDAS, a non ser que algun de vós estea desexando APALLAR O PODER. Foi de vergoña que algún este domingo SÓ SE APONTARA AOS PETISCOS NO LOCAL DA AGRUPACIÓN, e durante o día non botara unha man aos compañeiros e compañeiras que estavan a boca de urna traballando polo partido.
Diego eu xa estou TRABALLANDO cos compañeiros e compañeiras, muitos e muitas simpatizantes e militantes de partido, NA CRISE. A miña responsabilidade é que non se destrua máis emprego, que os direitos acadados nestas decadas non se perdan, como está acontecer, co permiso do GOVERNO CENTRAL.
Xuño 10, 2009 a 10:18 am
tonio,
eu non fixen ningunha crítica cara o teu traballo nen dubido del o que si te pedín foron propostas para sair desta situación e non as vexo. Tamén llas pido ós turis, aínda que penso que algúns realmente non teñen gañas de mudar de situación.
Baixo o meu punto de vista tan soio temos 3 camiños:
1) Seguir esperando a Godot. É dicir, seguir morrendo
2) Dimisión do Secretario Xeral. Isto é coma no fútbol. Nunca se van os xogadores, vaise o que manda.
3) Creación de espacios de traballo, por así dicilo, “intermedios” no que o partido se poida recompoñer. Ésta é unha liña de traballo que se leva proposto e na que se teñen empregados esforzos mais non se viu vontade.
E por último unha pregunta: ¿qué te parece a moción que presentou o PSOE no pleno de Maio? Eu penso que foi un bo exercicio de responsabilidade e sensibilidade coa situación dos veciños que peor o están a pasar. Agardo que a túa opinión coincida coa miña.
Un saúdo,
Xuño 10, 2009 a 2:43 pm
Tonio, despois da tua reflexión sobre o acontecido no local de Santa Liberata o día das eleccións, soamente me queda preguntarte ¿sabes si os ovos da tortilla eran da casa ou de granxa?
Por certo, xa que eres tan observador extañoume que que falte facer referencia a que houbo compañeiros, incluso membros da executiva, que nin siquera apareceron, imaxino que terían algún contratempo que lles impediu pasar polo local nun día tan importante, non quero ser eu quen os xuzgue, xa que a militancia e participación neste partido de momento é voluntaria, que se sepa.
Por certo, eu a pé de urna notei a presenza dos compañeiros de sempre, a pesar de perece ser que non era o previsto.
Xuño 10, 2009 a 3:14 pm
Diego…
Aínda NON entendo como ti, que non hai muito tempo eras a man direita ou a esquerda, segundo como un vexa, de TURI ESTEAS TAN CRÍTICO CON EL. Un consello;o que remexe muito na fariña branco se queda, para que o entendas non dances tanto.
Moreno Da Doca…
Pois aí deixasme nunha duvida, serán ovos de curral ou de granxa?. Non tiven oportunidade de esperimentar os “petiscos” (aperitivos), tiña a cabeza analisando os resultados e tamén onde saía toda aquela xente. Alguns o que merecían eran unhas boas “tapas” para ollar a sua vergoña.
Xuño 10, 2009 a 7:50 pm
tonio,
teño a sensación de que algúns pensades que o PSOE é un clube de fans. Eu pola contra considero que é un partido político e podes ter por seguro que a miña opinión do que debe ser a agrupación de Baiona non difere da que defendía cando estaba nas reunións da executiva.
Continúo sen ver propostas, supoño que te quedas coa opción 1. É dicir, non facer nada!!.
Un saúdo,