Moitas gracias a todos os que seguiron e os que participaron nos nosos debates.
Esta entrada foi colgada o Xuño 12, 2009 ás 8:43 pm por Uncategorized . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed
Podes deixar unha resposta, ou trackback dende o teu propio sitio web.
Topastes terra ou afogastes, porque o voso fin igual era afogar a algún que outro pero acabastes baixo o mar, esperamos recoller os cadaveres para darlle adecuada sepultura.
Outro que milita: como tantas veces, toda unha declaración de principios do que entendedes por cómo integrar/aceptar á discrepancia ou, mesmo, a comenencia de facelo. Así vades empedrando o voso triunfal percorrido, incluído o teu, magnífico candidato que quedou mudo tra-la “sorprendente” derrota autonómica. Xa recuperaches a fala, pero aínda non escoitamos de ti a mínima autocrítica do que pasou. Podes seguir no teu oficio, cecais máis axeitado, de enterrador. Xa recordarás, ou non, aquelo de que “os mortos que vos matades gozan de boa saúde”. Campeón, un pouco de humildade e vai tomando nota.
Como a sardiña, o barril tróuxonos por San Xoán a estas praias que lembrábamos de ouro e agora parecen cinza. Qué fixéstedes da nosa Baiona, outrora alegre e confiada e agora acobillada e escura. O alcalde/médico, o médico/alcalde, recetou moita calma, tranquilidade e rutina adormecente. O pobo fala e o alcalde fala; o pobo cala, o alcalde cala. A curiosa simbiose guiada polo rigor no cumprimento do voluble pálpito popular, vaise convertindo no rigor mortis que se administra con eficiencia dende as oficiñas ambulantes do Gran Capitán, o temido Kraken do noso máis profundo subconsciente -poor Turi-.
Ou Baiona!!, esperta ti tamén do teu sono e brinca pola noite nas fogueiras de San Xoán. A festa está tolerada, ollo ó concepto. Aproveita namentras non se lle cruce o cable ó Correxidor e mande, tamén este, parar.
Pero se pensades que todo eso está moi lonxe, ben podedes divertiros coa corrupción do Pp en Nigrán, ou mesmo en Gondomar. Sobran motivos para invertir en palomitas.
Pero se pensades que necesitades máis cercanía, podedes entretervos ca cultura da concelleira de cultura, ca chispa da concelleira de Servizos Sociais (ou da muller xa non o teño moi claro), tamén tedes para seguir co affaire amoroso entre Vilar e o PP (de como te botan dun partido pero ti, lles fas a pelota igual, eso é sentilos colores, ou outras cousas). Tamén vos podedes divertir coa simpatía do Alcalde, e as súas gracietas nos plenos…. ahí sóltase ben, ou cos desplantes que lle fai os que non son do PP, ou mesmamente, podedes ir con pipas a ver como se fan as seleccións de personal ao concello, esas si que dan para palomitas.
En último recurso, podedes divertirvos vendo ás obras do Plan ZP, como fan os vellos, e así pois admirade en que “invirte” (gasta) os cartos o Concello, é cuestión de prioridades.
Por último, xa para náufragos, agradecer estes meses de continua crispación que sembrastes no PSOE de Baiona, cun par… si señor. Alégrome de que atopasen terra os náufragos, alégrome moito, e agora, a ver se aprendemos algo, e as críticas, se hai que facelas, de portas para dentro, e do resto… traballo e ilusión, ou polo menos, non entorpecer, non é moito pedir.
Grazas por conseguir que hoxe eu puidese poñer o meu primeiro comentario nestas terras, ca tranquilidade que me deu todo este tempo non haber contribuido á mermar á confianza que os socialistas temos en Baiona.
Coido que os enfoques que tanto Barrabí como Máis Cafe dan ó tempo do BDN están nun profundo e preocupante erro conceptual. Remata o primeiro gavándose de non ter participado no blog e de ese xeito “non haber contribuido a mermar a confianza que os socialistas temos en Baiona”. Di o segundo que o Barril fixo un “flaco favor para el PSOE bajo el disfraz de la libertá (sic) de expresión …”.
Non sei moi ben qué quer decir “a confianza que os socialistas temos en Baiona”, e cómo ésta se pode debilitar ou fortalecer pola existencia dun blog. O que está en xogo de verdade é a confianza que os baioneses depositan no PSdeG, e ésa sí que está a disminuir en cada convocatoria electoral. De esto, claro, nin Barrabí, nin a executiva, din palabra.
Máis Café pon o acento no clásico da cohesión interior a costa das opinións dididentes. Pero qué monstruo estamos a crear donde a opinión crítica non só se considera “non integrabel” senon que demonízase polo mero feito de existir?. Se a libertade de expresión é “un disfraz”, qué máis quédanos por escoitar?.
O BDN en efecto, chegou a terra, pero á vista dos argumentos dos seus críticos, ben valía a pena que o Barril continuara anos e anos a denunciar o desenfoque e falla de rumbo da dirección socialista baionesa.
Non vaia ser que os que sempre pensaron estar en terra ben firme sexan en realidade os que van á deriva nunha illa frotante, dando voltas e deixándose levar pola marea, pensando que están cos pes ben postos na terra…… firme?
No dije que sea un disfraz, sino que la usabais como disfraz, osea que detrás de esa supuesta “libertá” (sic!), había otra cosa. Ningún derecho es absoluto, la libertad de expresión también tiene límites (constitucionales, claro)
Supoño que no caso do BDN e a executiva socialista eses dereitos constitucionais non deberon sufrir menoscabo salvo precisamente en aquelas asambleas donde a maioría negou a palabra ós militantes, non si, Mais Café?.
Eu asegúroche, cafeteiro empedernido, que a finalidade do Barril non era outra que dar saída as inquedanzas reflexivas dun grupo de militantes socialistas que, por moito que o intentaron e se ofreceron, debían ser material imposible de dixerir/integrar polo actual equipo dirixente local.
Estos escasos seis meses de diálogos no blog, serviron para dar cohesión a unha certa liña de pensamento progresista que non parece ter cabida para a executiva local. Foron meses de tanteos, de clarificación de posicións no partido e sobor de todo, na teima dos asuntos locais de Baiona, Galicia e o mundo; tamén algúns apuntes de libros, películas, etc.
Os acontecementos transcurridos deron sobradamente a razón ás razóns dos náufragos. Tanto as autonómicas, como o congreso extraordinario socialista como as recentes europeas foron eslabóns dunha cadea de acontecementos que tódo-los progresistas de Baiona, Galicia e de España vimos con preocupación e crecente perplexidade pola falla de respostas axeitadas dende o noso partido.
No ámbito baionés, o terreo político e social donde estamos máis vencellados, dóenos a situación do partido, incapaz de plantar cara a hexemonía crecente do PP e sin un liderazgo que saiba marcar as liñas de traballo político necesarias para tentar de mudar a situación política. Houbéranos gustado poder colaborar dende dentro dos órganos de dirección, ofrecimos infinidade de variantes para proceder á integración, todas rexeitadas de mala maneira, mesmo con desprezo. Sempre o rodillo da maioría se impuña á lóxica de unir forzas para combatir ó PP. E despois de todo elo, aínda se nos pedía que permanecéramos mudos e quietos, non fóramos a molestar á hiperactividade e ós plans estratéxicos da dirección do partido. Cánta tontería e cánto tempo perdido (dous anos e, lembrade, o Blog naceu fai seis meses).
Agora empeza un tempo novo e si algo compartimos tódo-los socialistas que vivimos estos meses de reflexión aberta, é que non podemos permitirnos agardar nin un día máis polo secretario xeral; que se despereze algún día e amose o traballo e a clarividencia política das cales non deixou rastro neste xa, moi longo tempo.
O PP chega eiquí co 55% dos votos, fai cinco anos o 51%; o PSdeG co 31%, fai cinco anos co 34% e o BNG co 8% cando antes tiña o 10%. De unha diferencia xa bestial de 17 puntos pasamos á insoportable de 24 negativos respecto do PP. A executiva pode quedar tranquila decindo que como se mantiveron os votos absolutos, todo está máis ou menos controlado. Xa pasou nas autonómicas e así seguimos. Esta executiva ten encefalograma plano e non reaccionará porque non sabe cómo. Confórmase con facer piña arredor do secretario xeral convertido nun mártir; en criticar ó portavoz municipal, ó blog e ós militantes que se achegaron pola sede a noite electoral. Así non hai xeito.
Veña, que veño quentiño de Baiona, voume animar a contestar algo máis do que quixera.
Canto menos, as faltas de respeto hacia compañeiros sobran, considero eu, que á sua vez, como membro da executiva, non me considero con encefalograma plano. Eso por unha banda, e por outra “Houbéranos gustado poder colaborar dende dentro dos órganos de dirección”, que pretensións, para ser militantes de base non está mal (apelando ao rodillo da maioría, como se a opinión da maioría non importase, para eso é maioría, e a minoría é tida en conta cando , nesas formas de integración previstas, non están as de colaborar sinxelamente como militantes? Ten que ser nos órganos de dirección? Non sobra ninguén no partido, eso está claro, pero non hai pizquiña de humildade? Non hai ideais socialistas en todo esto?
Será que eu non creo nas élites, e menos, nas élites dentro dun partido que é socialista. A miña opinión particular? Pois que esto pecha, por que aos naúfragos se lles veu demasiado o plumeiro.
Sentarse aquí y espetar algo así como: “El secretario general es un vago. Me voy a la playa” es libertad de expresión, sí, pero no vendáis esta chapuza como un foro de opinión serio, por favor.
En cualquier foro opiniones de ese tipo se freirían a votos negativos, aquí las reglas son diferentes, entra el mismo tío con otro apodo, se da la razón, y se va con el administrador de este chiringo a tomar un vino.
Eso sí, todo ello por “el bien del partido”. Y quien vea mala fe es un miserable.
Gracias a Baiona Consciente por ese póstumo, aínda que quero pensar sinceiro, recoñecemento. Chegar á terra firme non siñifica prescindir dunha plataforma de debate e encontro. Todo-lo contrario. Seis meses de purga de Benito por esos mares de deus, fixéronnos máis fortes e, coidamos humildemente, tamén máis sabios. Por suposto que haberá que utilizar a rede poñéndoa ó servizo dos veciños e veciñas de Baiona e do necesario debate de ideas -tan propio do socialismo democrático-.
Veñen tempos intensos e milleiros de baioneses/as, compañeiros socialistas ou non, merecen todo o noso respeto, algunhas propostas e tamén respostas. Abandonamos a praia e movémonos polo interior. O terreo está á monte.
Xuño 12, 2009 a 11:07 pm
Topastes terra ou afogastes, porque o voso fin igual era afogar a algún que outro pero acabastes baixo o mar, esperamos recoller os cadaveres para darlle adecuada sepultura.
Xuño 13, 2009 a 10:17 am
Outro que milita: como tantas veces, toda unha declaración de principios do que entendedes por cómo integrar/aceptar á discrepancia ou, mesmo, a comenencia de facelo. Así vades empedrando o voso triunfal percorrido, incluído o teu, magnífico candidato que quedou mudo tra-la “sorprendente” derrota autonómica. Xa recuperaches a fala, pero aínda non escoitamos de ti a mínima autocrítica do que pasou. Podes seguir no teu oficio, cecais máis axeitado, de enterrador. Xa recordarás, ou non, aquelo de que “os mortos que vos matades gozan de boa saúde”. Campeón, un pouco de humildade e vai tomando nota.
Xuño 13, 2009 a 10:40 am
Como a sardiña, o barril tróuxonos por San Xoán a estas praias que lembrábamos de ouro e agora parecen cinza. Qué fixéstedes da nosa Baiona, outrora alegre e confiada e agora acobillada e escura. O alcalde/médico, o médico/alcalde, recetou moita calma, tranquilidade e rutina adormecente. O pobo fala e o alcalde fala; o pobo cala, o alcalde cala. A curiosa simbiose guiada polo rigor no cumprimento do voluble pálpito popular, vaise convertindo no rigor mortis que se administra con eficiencia dende as oficiñas ambulantes do Gran Capitán, o temido Kraken do noso máis profundo subconsciente -poor Turi-.
Ou Baiona!!, esperta ti tamén do teu sono e brinca pola noite nas fogueiras de San Xoán. A festa está tolerada, ollo ó concepto. Aproveita namentras non se lle cruce o cable ó Correxidor e mande, tamén este, parar.
Xuño 13, 2009 a 2:03 pm
Pues a mi que me devuelvan el dinero!
Y a ver que hacemos todos los peperos ahora con las palomitas…
Xuño 13, 2009 a 7:28 pm
Os peperos podedes invertir as palomitas no caso Gurtel ese, na trama Camps, na trama dos espías de Madrid, se queredes teño máis:
http://www.20minutos.es/noticia/165285/corrupcion/urbanistica/pp/
Pero se pensades que todo eso está moi lonxe, ben podedes divertiros coa corrupción do Pp en Nigrán, ou mesmo en Gondomar. Sobran motivos para invertir en palomitas.
Pero se pensades que necesitades máis cercanía, podedes entretervos ca cultura da concelleira de cultura, ca chispa da concelleira de Servizos Sociais (ou da muller xa non o teño moi claro), tamén tedes para seguir co affaire amoroso entre Vilar e o PP (de como te botan dun partido pero ti, lles fas a pelota igual, eso é sentilos colores, ou outras cousas). Tamén vos podedes divertir coa simpatía do Alcalde, e as súas gracietas nos plenos…. ahí sóltase ben, ou cos desplantes que lle fai os que non son do PP, ou mesmamente, podedes ir con pipas a ver como se fan as seleccións de personal ao concello, esas si que dan para palomitas.
En último recurso, podedes divertirvos vendo ás obras do Plan ZP, como fan os vellos, e así pois admirade en que “invirte” (gasta) os cartos o Concello, é cuestión de prioridades.
Por último, xa para náufragos, agradecer estes meses de continua crispación que sembrastes no PSOE de Baiona, cun par… si señor. Alégrome de que atopasen terra os náufragos, alégrome moito, e agora, a ver se aprendemos algo, e as críticas, se hai que facelas, de portas para dentro, e do resto… traballo e ilusión, ou polo menos, non entorpecer, non é moito pedir.
Grazas por conseguir que hoxe eu puidese poñer o meu primeiro comentario nestas terras, ca tranquilidade que me deu todo este tempo non haber contribuido á mermar á confianza que os socialistas temos en Baiona.
Xuño 13, 2009 a 7:39 pm
Que no soy pepero hombre. Era sarcasmo, pretendía expresar graficamente que lo de este blog fue un espectáculo lamentable.
Flaco favor para el Psoe bajo el disfraz de la libertá de expresión…
…Y unas risas gratuitas pa Almuiña y Manoleich
Xuño 14, 2009 a 8:39 am
Coido que os enfoques que tanto Barrabí como Máis Cafe dan ó tempo do BDN están nun profundo e preocupante erro conceptual. Remata o primeiro gavándose de non ter participado no blog e de ese xeito “non haber contribuido a mermar a confianza que os socialistas temos en Baiona”. Di o segundo que o Barril fixo un “flaco favor para el PSOE bajo el disfraz de la libertá (sic) de expresión …”.
Non sei moi ben qué quer decir “a confianza que os socialistas temos en Baiona”, e cómo ésta se pode debilitar ou fortalecer pola existencia dun blog. O que está en xogo de verdade é a confianza que os baioneses depositan no PSdeG, e ésa sí que está a disminuir en cada convocatoria electoral. De esto, claro, nin Barrabí, nin a executiva, din palabra.
Máis Café pon o acento no clásico da cohesión interior a costa das opinións dididentes. Pero qué monstruo estamos a crear donde a opinión crítica non só se considera “non integrabel” senon que demonízase polo mero feito de existir?. Se a libertade de expresión é “un disfraz”, qué máis quédanos por escoitar?.
O BDN en efecto, chegou a terra, pero á vista dos argumentos dos seus críticos, ben valía a pena que o Barril continuara anos e anos a denunciar o desenfoque e falla de rumbo da dirección socialista baionesa.
Xuño 14, 2009 a 8:56 am
Non vaia ser que os que sempre pensaron estar en terra ben firme sexan en realidade os que van á deriva nunha illa frotante, dando voltas e deixándose levar pola marea, pensando que están cos pes ben postos na terra…… firme?
Xuño 14, 2009 a 12:42 pm
No dije que sea un disfraz, sino que la usabais como disfraz, osea que detrás de esa supuesta “libertá” (sic!), había otra cosa. Ningún derecho es absoluto, la libertad de expresión también tiene límites (constitucionales, claro)
Saludos.
Xuño 14, 2009 a 6:10 pm
Supoño que no caso do BDN e a executiva socialista eses dereitos constitucionais non deberon sufrir menoscabo salvo precisamente en aquelas asambleas donde a maioría negou a palabra ós militantes, non si, Mais Café?.
Eu asegúroche, cafeteiro empedernido, que a finalidade do Barril non era outra que dar saída as inquedanzas reflexivas dun grupo de militantes socialistas que, por moito que o intentaron e se ofreceron, debían ser material imposible de dixerir/integrar polo actual equipo dirixente local.
Estos escasos seis meses de diálogos no blog, serviron para dar cohesión a unha certa liña de pensamento progresista que non parece ter cabida para a executiva local. Foron meses de tanteos, de clarificación de posicións no partido e sobor de todo, na teima dos asuntos locais de Baiona, Galicia e o mundo; tamén algúns apuntes de libros, películas, etc.
Os acontecementos transcurridos deron sobradamente a razón ás razóns dos náufragos. Tanto as autonómicas, como o congreso extraordinario socialista como as recentes europeas foron eslabóns dunha cadea de acontecementos que tódo-los progresistas de Baiona, Galicia e de España vimos con preocupación e crecente perplexidade pola falla de respostas axeitadas dende o noso partido.
No ámbito baionés, o terreo político e social donde estamos máis vencellados, dóenos a situación do partido, incapaz de plantar cara a hexemonía crecente do PP e sin un liderazgo que saiba marcar as liñas de traballo político necesarias para tentar de mudar a situación política. Houbéranos gustado poder colaborar dende dentro dos órganos de dirección, ofrecimos infinidade de variantes para proceder á integración, todas rexeitadas de mala maneira, mesmo con desprezo. Sempre o rodillo da maioría se impuña á lóxica de unir forzas para combatir ó PP. E despois de todo elo, aínda se nos pedía que permanecéramos mudos e quietos, non fóramos a molestar á hiperactividade e ós plans estratéxicos da dirección do partido. Cánta tontería e cánto tempo perdido (dous anos e, lembrade, o Blog naceu fai seis meses).
Agora empeza un tempo novo e si algo compartimos tódo-los socialistas que vivimos estos meses de reflexión aberta, é que non podemos permitirnos agardar nin un día máis polo secretario xeral; que se despereze algún día e amose o traballo e a clarividencia política das cales non deixou rastro neste xa, moi longo tempo.
O PP chega eiquí co 55% dos votos, fai cinco anos o 51%; o PSdeG co 31%, fai cinco anos co 34% e o BNG co 8% cando antes tiña o 10%. De unha diferencia xa bestial de 17 puntos pasamos á insoportable de 24 negativos respecto do PP. A executiva pode quedar tranquila decindo que como se mantiveron os votos absolutos, todo está máis ou menos controlado. Xa pasou nas autonómicas e así seguimos. Esta executiva ten encefalograma plano e non reaccionará porque non sabe cómo. Confórmase con facer piña arredor do secretario xeral convertido nun mártir; en criticar ó portavoz municipal, ó blog e ós militantes que se achegaron pola sede a noite electoral. Así non hai xeito.
Xuño 14, 2009 a 11:07 pm
Magoa e loito.
Lamentable.
Xuño 15, 2009 a 12:31 pm
Veña, que veño quentiño de Baiona, voume animar a contestar algo máis do que quixera.
Canto menos, as faltas de respeto hacia compañeiros sobran, considero eu, que á sua vez, como membro da executiva, non me considero con encefalograma plano. Eso por unha banda, e por outra “Houbéranos gustado poder colaborar dende dentro dos órganos de dirección”, que pretensións, para ser militantes de base non está mal (apelando ao rodillo da maioría, como se a opinión da maioría non importase, para eso é maioría, e a minoría é tida en conta cando , nesas formas de integración previstas, non están as de colaborar sinxelamente como militantes? Ten que ser nos órganos de dirección? Non sobra ninguén no partido, eso está claro, pero non hai pizquiña de humildade? Non hai ideais socialistas en todo esto?
Será que eu non creo nas élites, e menos, nas élites dentro dun partido que é socialista. A miña opinión particular? Pois que esto pecha, por que aos naúfragos se lles veu demasiado o plumeiro.
Saudos socialistas
Xuño 15, 2009 a 4:19 pm
Mais que lamentable… Unha illa flotante e a deriva.
Xuño 15, 2009 a 6:37 pm
Sentarse aquí y espetar algo así como: “El secretario general es un vago. Me voy a la playa” es libertad de expresión, sí, pero no vendáis esta chapuza como un foro de opinión serio, por favor.
En cualquier foro opiniones de ese tipo se freirían a votos negativos, aquí las reglas son diferentes, entra el mismo tío con otro apodo, se da la razón, y se va con el administrador de este chiringo a tomar un vino.
Eso sí, todo ello por “el bien del partido”. Y quien vea mala fe es un miserable.
Xuño 15, 2009 a 6:53 pm
Vou á presa:
a única regra foi: non se censuran as opinións veñan de onde veñan e as firme quen as firme.
Unha aperta,
Xuño 15, 2009 a 7:38 pm
Enlazamos a anotación de hoxe de Baionaconsciente en relación a anotación:
http://baionaconsciente.blogaliza.org/archives/1157#respond
Xuño 16, 2009 a 6:40 pm
Personalmente, me quedo con lo bueno!! Grandes debates e interesantes puntos de vista durante medio año!
Un saludo a tod@s,
Xuño 16, 2009 a 8:59 pm