
Cando aínda non rematou a resaca das Eleccións Autonómicas xa temos á vista as Eleccións Europeas do 9 de xuño de 2009. Despois dos resultados obtidos polo Partido Popular nos comicios galegos as Eleccións Europeas seguramente terán unha gran importancia na política do país xa que darán unha clara imaxe de se o ciclo Zapatero chega o seu fin ou non.
O principal problema o que nos sometemos cando afrontamos unhas Eleccións Europeas é a abstención. BDN considera que unha gran parte desa abstención xustifícase na desinformación dos cidadáns sobor dos temas europeos o cal leva a un sentimento de lonxanía cara Europa e os seus mecanismos de participación coma eleccións ou mesmo no referendum do 2004. E para correxir isto o Barril fará o canto poida.
O 7 de xuño competirán dúas formas ben distintas de facer política como anunciaba a Secretaria de Organización do PSOE. A de Mayor Oreja e a do PSOE. E o vindeiro sábado dará comezo a “campaña” socialista cun acto en Madrid no que participará Juan Fernando López Aguilar, nº1 do PSOE nas eleccións.
Tamén ven de confirmar Leire Pajín a aceptación por parte do PSOE dos debates electorais propostos polos canais: RTVE, Antena 3 e Telecinco.
Para rematar deixamos un par de enlaces nos que poderedes acadar algo máis de información sobor do que se move no partido no ámbito europeo:
Páxina web da Delegación Socialista Española en el Parlamento Europeo
PSOE Europa