Arquivo para a Local Categoría

RESULTADOS ELECCIÓNS EUROPEAS: BAIONA

Posted in Local on Xuño 8, 2009 by barrildonaufrago

pict_20090316PHT51841

 

2009

PP 2590 votos / 55.6% (Pontevedra – 49.26% / Galicia 50.69%)

PSOE 1454 votos / 31.22% (Pontevedra – 34.85% / Galicia 34.25%)

BNG 390 votos / 8.37% (Pontevedra – 9.9% / Galicia 9.4%)

2004

PP 2180 votos / 51.15%

PSOE 1472 votos / 34.54%

BNG 444 votos / 10.42%

El incremento de votantes con relación a 2004 fue de 409 votantes (9.56% con relación a 2004)

PLENO: 04 DE XUÑO DE 2009

Posted in Local, Uncategorized on Xuño 5, 2009 by barrildonaufrago

AY

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.

2.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS PRESENTADAS Ó PRESUPOSTO XERAL DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2009, E APROBACIÓN DEFINITIVA.

4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.

5.- APROBACIÓN, SE PROECEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO EN SOLO, VO O SUBSOLO.

6.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A SOLICITUDE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AS OBRAS DE MELLORA DOS ENLACES NA AUTOESTRADA AG-57.

7.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A SOLICITUDE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS A LIBERTADE DE PEAXE NA AUTOESTRADA AG-57 RESPECTO OS ENLACES DOS CONCELLOS DE BAIONA, GONDOMAR E NIGRÁN.

8.- MOCIÓNS.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

NOVO TEMPO PARA O PSdeG-PSOE DE BAIONA

Posted in Local on Maio 17, 2009 by barrildonaufrago

logo

Últimamente vense escrito moito no BDN sobor da situación do partido no eido local e dende o BDN consideramos que é preciso facer unha reflexión nese senso.

Tras case dous anos dende que o actual Secretario Xeral fixérase cargo da dirección do partido e a dous anos das eleccións municipais, a situación na que se atopa o partido debe mudar con urxencia. É preciso abrir un tempo novo no partido co obxectivo de recuperar os espazos perdidos nestes dous anos tanto no eido interno como no externo.

Este novo tempo necesario no partido soamente será posible cun cambio na dirección do partido. O cambio na dirección é imprescindible xa que o actual Secretario Xeral é quen representa a parálise mediática e social do partido destes dous anos, o afastamento entre Executiva e Grupo Municipal, a falla de traballo e mesmo os erros nas apostas e posicionamento da agrupación baionesa dentro do partido. O esgotamento do ciclo do actual Secretario Xeral semella ser claro para todo o partido agás para o propio Secretario Xeral. Xa non hai tempo para a enésima promesa de cambio de actitude de traballo porque xa ninguén a cre. O que toca é o cambio.

Por todo o anterior, é preciso facer un borrón e conta nova que permita acadar a unidade tan necesaria no partido para poder traballar coordinadamente e presentarnos ante a sociedade como unha verdadeira alternativa de goberno. A decisión debera sair do propio Secretario Xeral atendendo ó acontecido no tempo que leva ó fronte do partido mais é imprescindible a toma de consciencia da situación do conxunto da Executiva sobor da necesidade de romper coa situación de apatía e parálise actual e abrir un novo tempo no partido.

PLENO: 14 DE MAYO DE 2009

Posted in Local on Maio 13, 2009 by barrildonaufrago

AY

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES
Acta de 2 de abril de 2009
Acta de 8 de abril de 2009
Acta de 23 de abril de 2009

2. DACIÓN DE CONTAS DOS DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

3. TOMA DE POSESIÓN DE D. ROBERTO C. VALVERDE SABÍN COMO CONCELLEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G.

4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE OBRA PÚBLICA DA CONSTRUCCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN CENTRO CÍVICO SOCIAL EN SABARÍS

5. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOMEAMENTO DO XUIZ TITULAR DO MUNICIPIO DE BAIONA

6. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

7. MOCIÓNS

8. ROGOS E PREGUNTAS

PÚBLICO VS PRIVADO

Posted in Local on Maio 10, 2009 by barrildonaufrago

untitled55

Podemos ler na web do Concello de Baiona a contestación do Partido Popular á moción que presenta o Grupo Municipal Socialista para o vindeiro pleno do Concello.

O Partido Popular confúndese. E é que a web do Concello é unha web pública que pagamos tódolos baioneses e non pode empregarse como medio de propaganda do Partido Popular. Non é a primeira vez que o fan pero debería ser a última. Se o Partido Popular quere empregar as novas tecnoloxias que o faga, pero que cree os seus espazos propios (web, blog,…)

Pero ademáis o Sr. Almuiña demostra non saber moi ben onde anda e iso é moito máis grave. Fai ben pouco tempo podíamos coñecer pola prensa os cartos que se leva o Sr. Almuiña para casa e nembargantes semella enterarse de ben pouco polo seguinte. En primeiro lugar, despois do pleno dos presupostos o goberno central saca un novo decreto o día 24 de Abril do cal semella que o Concello non se enterou e en segundo lugar. as declaracións do PSOE son unha moción presentada para o vindeiro pleno e será nas comisións e no pleno onde o Partido Popular sexa quen teña que opinar sobor das propostas da oposición e non o contrario.

Náufragos, isto é o mundo o revés! Os socialistas propoñen e os populares critican ós que propoñen.

PP DE MOS?

Posted in Local on Maio 2, 2009 by barrildonaufrago

untitled

Despois da moción de censura que lle fixo Nidia Arévalo ó goberno de Mª Jesús Escudero, e que xa comentaramos no seu momento, nos chega a petición de baixa do Partido Popular do conxunto do equipo de goberno de Mos, por suposto, agás o tal Alonso, anticipándose deste xeito a unha posible declaración de transfuguismo por parte da dirección do partido. Asimesmo tamén temos as críticas da oposición.

Certamente, haberá que seguir atentos o que aconteza nos vindeiros meses en Mos, mais coma apunta a oposición semella un bo “paripé”!!

PLENO: 23 DE ABRIL DE 2009

Posted in Local on Abril 21, 2009 by barrildonaufrago

ay

ORDE DO DÍA:

1. PRESUPOSTO XERAL DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2009

PLENO: 26 DE MARZO DE 2009

Posted in Local on Marzo 31, 2009 by barrildonaufrago

2946677552_08fcc43681

ORDE DO DÍA:

1.APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.
2.DACIÓN DE CONTAS DAS RESOLUCCIONS DA ALCALDÍA.
3.DACIÓN DE CONTA DO ACORDO DE REVISIÓN DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTRO DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
4.DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DO ORGANISMO AUTÓNOMO DE TURISMO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
5.MODIFICACIÓN DE CREDITO 2/2009.
6.RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE FACTURAS 01-RE/09
7.MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE RELATIVA A CONMEMORACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS DE 1979
8.MOCIÓNS
9.ROGOS E PREGUNTAS

ASAMBLEA PSdeG-PSOE BAIONA

Posted in Local on Marzo 28, 2009 by barrildonaufrago

logotipo_psdeg_psoe

A asamblea do día de hoxe do PSdeG-PSOE de Baiona ven de elexir os seus delegados ó Congresos Extraordinario do PSdeG-PSOE de Galicia de entre as dúas listas que se presentaron: a oficial con Arturo Pereira e Isabel Dominguez e a lista alternativa composta por Concepción Vilar e Diego Carou. A lista gañadora foi a lista oficial cun 75% dos sufraxios. Polo que os representantes do PSdeG-PSOE de Baiona no Congreso Extraordinario serán: Arturo Pereira e Isabel Domínguez.

PLENO: 5 DE MARZO DE 2009

Posted in Local on Marzo 4, 2009 by barrildonaufrago

2946677552_08fcc43681

ORDE DO DÍA:

1.APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES
2.DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA
3.DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008
4.MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 1/2009
5.MOCIÓN RELATIVA A FACTURACIÓN DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS
6.CESIÓN DO CENTRO DE SAÚDE A CONSELLERÍA DE SANIDADE – SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
7.MOCIÓNS
8.ROGOS E PREGUNTAS