
O noso barril atopa terra firme.
Moitas gracias a todos os que seguiron e os que participaron nos nosos debates.

O noso barril atopa terra firme.
Moitas gracias a todos os que seguiron e os que participaron nos nosos debates.

ORDE DO DÍA:
1.- APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.
2.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS PRESENTADAS Ó PRESUPOSTO XERAL DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2009, E APROBACIÓN DEFINITIVA.
4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA.
5.- APROBACIÓN, SE PROECEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO EN SOLO, VO O SUBSOLO.
6.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A SOLICITUDE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AS OBRAS DE MELLORA DOS ENLACES NA AUTOESTRADA AG-57.
7.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A SOLICITUDE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS A LIBERTADE DE PEAXE NA AUTOESTRADA AG-57 RESPECTO OS ENLACES DOS CONCELLOS DE BAIONA, GONDOMAR E NIGRÁN.
8.- MOCIÓNS.
9.- ROGOS E PREGUNTAS.

Pois sí prezados naufragos, estamos pretiño de chegar a tres momentos de relevancia política. Convén estar atentos!!!
1) Orzamentos do Concello de Baiona para o ano 2009.
O pleno para a súa aproación terá lugar o xoves 23 de abril (por certo, día do libro). De seguro que teremos unha anotación na que poder comentar polo miúdo as cuestións de máis interese dos orzamentos.
2) Congreso do PSdeG-PSOE de Galicia.
Celebrarase nos días 24 e 25 de Abril e, oficialmente, xa temos un candidato que é Manuel “Pachi” Vázquez. ¿Haberá máis?
3) Eleccións europeas.
7 de Xuño. Moi preto xa, mesmo xa comezan a chegar as tarxetas do censo. Nembargantes, e moi preocupante, o Eurobarómetro danos a razón no referente a abstención prevista.
Xa coma de costume, BDN deixavos un par de enlaces: